Amosando publicacións coa etiqueta Secundaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Secundaria. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de marzo de 2019

XA TEMOS NOVO LOGO DA RADIO

E aquí está o novo logo da radio, despois dunhas semanas de intriga e na que moito do alumnado estaba impaciente por saber cal era o novo logo escollido, aquí está:


O logo foi feito por Juanmi (na foto recollendo o seu premio), alumno de 4º da ESO. 
Noraboa polo teu traballo!

domingo, 25 de novembro de 2018

CONCURSO: A nosa radio busca logo

Ola amiguiñ@s, como xa veríades no cole, a nosa querida Radio Escolar Mosteiro Meis busca un logo co que facerse visible no mundo. Para iso convocamos un concurso no que calquer nena ou neno do cole poderá participar e gañar un fantástico reprodutor de música como o da foto.

Tedes ata o día 12 de decembro para facer o voso deseño e entregalo na conserxería. Non vos esquezades poñer no voso deseño: nome, apelidos e curso no que estades.
O día 15 saberase a gañadora ou gañador.

Esperamos os vosos deseños! 
Moita sorte! 


domingo, 21 de xaneiro de 2018

Entrevista a Mario Gallego para o proxecto ERASMUS+

Manuel, Adrián e Uxía foi o alumnado de 4º da ESO encargado de entrevistar a Mario Gallego para coñecer un pouco mellor o patrimonio histórico e cultural do Concello de Meis.
Partindo desta entrevista poderán incluir estes novos descubrimentos no proxecto ERASMUS+ que levará ao alumnado de 4º da ESO ata Galway (Irlanda) onde compartirán experiencias e coñecemento co alumnado irlandés.
Podedes coñecer máis sobre o proxecto ERASMUS+ na bitácora MUSEO DO TEMPO
 


Especial Galiciencia das Xornalistas Escolares

Carla Riveiro e Candela Giráldez de 6º de Primaria foron as Xornalistas Escolares encargadas de facer as entrevistas correspondentes ao tema de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, concretamente en Ourense en Tecnópole.


A primeira entrevista foi con Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia, esta entrevista foi todo un fito para a Radio Escolar Mosteiro Meis, xa que era a primeira ocasión na que levábamos a cabo unha audioconferencia, e cremos que o resultado foi moi moi interesante, escoitadeo e xulgade vos.


A continuación os entrevistados foron Milena de 4º da ESO que foi unha das participantes na Galiciencia 2017 e tamén o profesor Camilo, que se encargou de coordinar o proxecto participante na feira.

domingo, 3 de decembro de 2017

Entrevista a Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo da Consellería de Medio Ambiente

Con motivo da saída do alumnado da ESO para coñecer o sistema de pesca eléctrica, Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo viñeron a respostar a unhas preguntas dos nosos xornalistas escolares, que no caso de Pedro e Cristina xa cubriran a noticia acompañando ao alumnado da ESO.



mércores, 28 de xuño de 2017

Letras Galegas 2017

Entrevista a Manuel Serto, gañador do concurso de relatos das Letras Galegas 2017, durante a cal o propio autor le a súa obra; curta pero intensa. Gozádea!
Letras Galegas 2017

martes, 20 de xuño de 2017

O Club de Ciencias

Durante este curso o noso CPI Mosteiro Meis foi escollido xunto con outros dez centros de toda Galicia para formar parte dunha experiencia pioneira: o Club de Ciencias.

Nerea e Sandra de 4º da ESO viñeron a explicarnos como funciona e algunhas das experiencias que se levaron a cabo.


venres, 25 de novembro de 2016

Galiciencia 2016

Galiciencia é unha feira científica que cada ano se celebra en Ourense e na que participan cos seus proxectos os colexios de todas partes de Galicia. Este ano da man do noso profe Camilo Ojea, Erika, Laura, Lucas e Santiago levaron os seus proxectos. E do que alí coñeceron e viron deron boa conta na nosa Radio Escolar.
E non só os medios radiofónicos fixéronse eco desta nova, tamén o fixo "La Voz de Galicia" con esta nova tan interesante.

Cuatro aprendices de científicos en el cole de Meis


mércores, 23 de novembro de 2016

Andanzas: historias pisadas

O alumnado de 4º da ESO sensibilizado co tema da violencia de xénero desta semana de novembro, fixeron unha serie de cuñas publicitarias basándose nos carteis de "busco parella".