Amosando publicacións coa etiqueta Primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primaria. Amosar todas as publicacións

luns, 29 de abril de 2019

Entrevista a Xelís de Toro

Aproveitando que o escritor e músico Xelís de Toro veu a falarnos do seu libro "O Trompetista e a Lúa", o alumnado de 3º fíxolle unha entrevista na nosa radio escolar. Escoitade escoitade, estivo xenial!

sábado, 30 de marzo de 2019

Entrevistas do alumnado de 5ºB

O alumnado de 5ºB fixo unha tandada de entrevistas a parte do profesorado do centro e tamén a algúns alumnos destacados, aquí podedes escoitar o resultado.

martes, 26 de marzo de 2019

XA TEMOS NOVO LOGO DA RADIO

E aquí está o novo logo da radio, despois dunhas semanas de intriga e na que moito do alumnado estaba impaciente por saber cal era o novo logo escollido, aquí está:


O logo foi feito por Juanmi (na foto recollendo o seu premio), alumno de 4º da ESO. 
Noraboa polo teu traballo!

xoves, 14 de marzo de 2019

Palabras Máxicas - As cartas de Félix

De novo o alumnado de 3ºA vennos falar dun libro moi interesante e a propoñernos distintas cuestións no seu programa Palabras Máxicas. Non o perdades!


martes, 12 de febreiro de 2019

Día Mundial da Radio 2019

A nosa Radio Escolar Mosteiro Meis participa este ano no Día Mundial da Radio da UNESCO, da man da Rede ESPORA, cun noticieiro composto das novas que queremos.
Seguindo a temática proposta pola UNESCO de PAZ, DIÁLOGO e TOLERANCIA, a nosa alumna Kadhija de 5º de EP gravou unha nova convertida nalgo positivo.

http://espora.eu/dia-mundial-da-radio-2019-world-radio-day-2019/

martes, 8 de xaneiro de 2019

Reto 1 - O concello e a nosa escola - 5ºB

Ao igual que fixo a clase de 5ºA, nesta ocasión foros os grupos do alumnado de 5ºB os que completaron con éxito o reto 1. Podedes escoitalos a continuación:



xoves, 13 de decembro de 2018

Reto 1 - O concello e a nosa escola - 5ºA

Os cursos de 4º e 5º de EP están comezando a súa participación este curso na radio. Comezamos cun reto sobre o concello de Meis e a nosa escola.
A primeira clase en completar os seus retos, foi a de 5ºA. Para a maioría era a primeira visita que facían a radio e a primeira ocasión na que se enfrontaban a un micrófono.
A experiencia foi incrible! Aquí podedes escoitar esta primeira toma de contacto.

Palabras máxicas - Capítulo 3

Xa está aquí de novo o alumnado de 3ºA co seu club de lectura: Palabras Máxicas. Eles e elas son: Irene, Iago, Tana, Sergio, Rafa e Eric, que veñen a contarnos contos, falarnos de libros, refráns e moitas cousas máis...


domingo, 25 de novembro de 2018

CONCURSO: A nosa radio busca logo

Ola amiguiñ@s, como xa veríades no cole, a nosa querida Radio Escolar Mosteiro Meis busca un logo co que facerse visible no mundo. Para iso convocamos un concurso no que calquer nena ou neno do cole poderá participar e gañar un fantástico reprodutor de música como o da foto.

Tedes ata o día 12 de decembro para facer o voso deseño e entregalo na conserxería. Non vos esquezades poñer no voso deseño: nome, apelidos e curso no que estades.
O día 15 saberase a gañadora ou gañador.

Esperamos os vosos deseños! 
Moita sorte! 


venres, 16 de novembro de 2018

Palabras Máxicas - O Outono

Novo capítulo do programa da clase de 3ºA. Nesta ocasión a temática sen dúbida é o outono, contos, novas, poemas con forma de canción... non vos perdades este interesantísimo programa.

xoves, 1 de novembro de 2018

Palabras Máxicas - Programa inicial

Comezamos o traballo na radio este curso 2018-2019 da man da aula de 3ºA e o seu club literario de aula: Palabras Máxicas.
O alumnado da clase de Pilar, visitou esta semana a radio e fixo este novo programa no que participaron Tana, María, Nerea, Ainhoa, Aricia e Mencía. Contos de medo, poemas, trabalinguas... este novo club literario promete. Como elas din:
SE QUERES AVENTURAS MERGÚLLATE NA LECTURA!


xoves, 22 de febreiro de 2018

Entrevista á nosa asesora de formación

O outro día Nati, a nosa asesora de formación do CFR estivo de visita no centro para coñecer de primeira man o traballo que dende a clase de 4ºB se fai co seu club de lectura "Soños de Papel".


Aproveitando esta situación Khadija, Iván e Quique fixéronlle unha pequena entrevista que xa podedes escoitar aquí, para coñecer un pouco máis o traballo que dende este ano desempeña Nati axudando a todo o profesorado do CPI Mosteiro Meis.

Moitas gracias por vir Nati. Agardamos que estiveras a gusto na nosa emisora e que voltes moi pronto!

domingo, 18 de febreiro de 2018

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e este ano por primeira vez a Radio Escolar Mosteiro Meis ven de participar da man da Rede ESPORA, cun evento onde participaron distintas radios escolares das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

O motivo do evento deste ano era a igualdade das mulleres no mundo dos deportes e en concreto nos medios de comunicación. Do noso centro participou Mariña de 4ºB, cun texto no que falaba na voz da alpinista Chus Lago. Podédelo escoitar no seguinte podcast.

Tamén podedes ver o evento completo na páxina da UNESCO premendo na imaxe a continuación ou aquí.

http://www.diamundialradio.org/event/rede-espora-mulleres-nas-suas-marcas-women-her-marks

domingo, 21 de xaneiro de 2018

Volve Soños de Papel!

Estamos de noraboa, o clube de lectura máis famoso do CPI Mosteiro Meis, está de volta na nosa radio e veñen cargadiñ@s de libros e historias.

Os nenos e nenas da clase de 4ºB están de volta co seu clube de lectura, Soños de Papel e arrancan cun triple programa, no que Selmo e Saray Oviedo son entrevistados presentando dous libros moi pero que moi interesantes.


E ademáis temos sorpresas, xa que Mariña e Iván Sabarís levan o mando do programa entrevistando aos seus propios compis: Khadija e Bruno.

Non perdades nin un segundo destes xeniais programas!

Especial Galiciencia das Xornalistas Escolares

Carla Riveiro e Candela Giráldez de 6º de Primaria foron as Xornalistas Escolares encargadas de facer as entrevistas correspondentes ao tema de Galiciencia, a maior feira científica que se celebra en Galicia, concretamente en Ourense en Tecnópole.


A primeira entrevista foi con Sabela Bouzo, responsable de Galiciencia, esta entrevista foi todo un fito para a Radio Escolar Mosteiro Meis, xa que era a primeira ocasión na que levábamos a cabo unha audioconferencia, e cremos que o resultado foi moi moi interesante, escoitadeo e xulgade vos.


A continuación os entrevistados foron Milena de 4º da ESO que foi unha das participantes na Galiciencia 2017 e tamén o profesor Camilo, que se encargou de coordinar o proxecto participante na feira.

domingo, 14 de xaneiro de 2018

Xa están de volta os Xornalistas Escolares

Xa está aquí unha nova entrega de Xornalistas Escolares, onde as parellas de 4º e 6º de Primaria presentan as novas máis destacadas que ocurriron no centro antes das vacacións de Nadal. Eles e elas son: Roi, Raquel e Enzo de 4º. Carla Martíns, Carla Riveiro, Manuel e Candela de 6º.
O alumnado de 5º de Primaria nesta ocasión non quixo participar no programa de radio, agardamos que as próximas parellas de 5º teñen máis ánimo.

Ademais das novas emitidas pola Radio Escolar Mosteiro Meis, os xornalistas redactaron algunhas outras de moito interés no diario dixital https://xornalistasescolares.wordpress.com/
Pasade por alí a velas!
Tamén debedes saber que varias delas ampliaron o seu traballo levando a cabo a PRIMEIRA AUDIOCONFERENCIA que se ten feito na Radio Escolar Mosteiro Meis e que pronto poderemos ver e escoitar publicada. Noraboa Xornalistas!

luns, 18 de decembro de 2017

Calendario de adviento de 1ºA

Os nenos e nenas da clase de 1ºA traballaron co calendario de adviento, unha serie de retos na aula, e foron Tomás, Alexandra, Diego e Alba os encargad@s de vir a contarnos algúns deles.

Foi a súa primeira visita á Radio Escolar Mosteiro Meis e foi un programa moi moi divertido. Escoitade!






domingo, 3 de decembro de 2017

Entrevista a Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo da Consellería de Medio Ambiente

Con motivo da saída do alumnado da ESO para coñecer o sistema de pesca eléctrica, Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo viñeron a respostar a unhas preguntas dos nosos xornalistas escolares, que no caso de Pedro e Cristina xa cubriran a noticia acompañando ao alumnado da ESO.



As primeiras parellas de xornalistas escolares rematan a súa quenda

Na Radio Escolar Mosteiro Meis non poderíamos estar máis orgullos@s do traballo feito por estas primeiras parellas de Xornalistas Escolares, que despois dun par de semanas e media, elaboraron diversas noticas e algunha entrevista sobre o acontecido neste tempo no centro escolar. Aquí podedes escoitar as novas das parellas de 5º, a excepción de Sara Bispo que por mor dunha otite non puido ir a gravar na radio. E tamén das parellas de 6º que fixeron un traballo magnífico.




sábado, 18 de novembro de 2017

Arranca o proxecto Xornalistas Escolares do CPI Mosteiro Meis 2017-2018

Despois das semanas iniciais de probas e aprendizaxe para tod@s, arranca por fin o proxecto Xornalistas Escolares 2017-2018. Un proxecto que parte da aula de Audición e Linguaxe coa idea de potenciar e estimular a comunicación oral e escrita a través dos medios TIC (podcast e bitácoras dixitais), nas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Se queredes saber máis deste apaixoante proxecto podedes entrar no diario dixital
https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Polo de pronto arrinca con varias novas escritas e o primeiro e interesantísimo programa de radio levado a cabo polo alumnado de 4º de Primaria.