Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Biblioteca. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de novembro de 2021

Primeira edición do Club de Lectura Palabras Máxicas

O alumnado de 3º de Educación Primaria, guiado pola profesora Pilar González, comenta as súas lecturas na primeira edición do seu club de lectura, Palabras Máxicas.


 

luns, 29 de abril de 2019

Entrevista a Xelís de Toro

Aproveitando que o escritor e músico Xelís de Toro veu a falarnos do seu libro "O Trompetista e a Lúa", o alumnado de 3º fíxolle unha entrevista na nosa radio escolar. Escoitade escoitade, estivo xenial!

xoves, 14 de marzo de 2019

Palabras Máxicas - As cartas de Félix

De novo o alumnado de 3ºA vennos falar dun libro moi interesante e a propoñernos distintas cuestións no seu programa Palabras Máxicas. Non o perdades!


xoves, 13 de decembro de 2018

Palabras máxicas - Capítulo 3

Xa está aquí de novo o alumnado de 3ºA co seu club de lectura: Palabras Máxicas. Eles e elas son: Irene, Iago, Tana, Sergio, Rafa e Eric, que veñen a contarnos contos, falarnos de libros, refráns e moitas cousas máis...


venres, 16 de novembro de 2018

Palabras Máxicas - O Outono

Novo capítulo do programa da clase de 3ºA. Nesta ocasión a temática sen dúbida é o outono, contos, novas, poemas con forma de canción... non vos perdades este interesantísimo programa.

xoves, 1 de novembro de 2018

Palabras Máxicas - Programa inicial

Comezamos o traballo na radio este curso 2018-2019 da man da aula de 3ºA e o seu club literario de aula: Palabras Máxicas.
O alumnado da clase de Pilar, visitou esta semana a radio e fixo este novo programa no que participaron Tana, María, Nerea, Ainhoa, Aricia e Mencía. Contos de medo, poemas, trabalinguas... este novo club literario promete. Como elas din:
SE QUERES AVENTURAS MERGÚLLATE NA LECTURA!


martes, 13 de xuño de 2017

Fina Casalderrey na Radio Escolar Mosteiro Meis

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey estivo hoxe día 13 de xuño no noso cole e aproveitamos para facerlle unha entrevista na Radio Escolar Mosteiro Meis. Pedro, Enzo, Lucía e Kadhija encargáronse de facerlle as preguntas.



xoves, 4 de maio de 2017

Antón Cortizas veu falar ao CPI Mosteiro Meis

O galardoado escritor galego de literatura infantil Antón Cortizas veunos falar da súa obra "O Lápis de Rosalía". E os nenos e nenas de 2º aproveitaron para facerlle unha entrevista. Alí estiveron Sheila, Lucía, David e Amanda.

Escoitade que ben o fixeron e todos os consellos tan interesantes que nos deixou Antón Cortizas.

xoves, 20 de abril de 2017

Marcos Calveiro na Radio


O escritor Marcos Calveiro achegouse hoxe ata o CPI Mosteiro Meis para falarnos do seu último libro "Palabras de auga" e aproveitamos para facerlle unha entrevista na Radio Escolar.

O libro estivémolo lendo no Club de Lectura do colexio así que foi unha ocasión inmellorable para saber de primeira man todas aquelas dúbidas que nos xurdiron mentres o líamos.
 

luns, 27 de marzo de 2017

Día da Poesía - Contos voadores 02: Frederick

O 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía, e dende a nosa Radio Escolar Mosteiro Meis tamén quixemos telo presente.
Miranda e Erika de 4º de Educación Primaria viñeron a lernos un conto: Frederick de Leo Lionni. Agardamos que vos guste a poesía destas pequenas ratiñas ;)



xoves, 9 de febreiro de 2017

Club de lectura da BiblioMosteiro

Unha nutrida representación do Club de Lectura da nosa BiblioMosteiro viñeron a presentarse e a falar un pouco das actividades que fan desde o club.


xoves, 19 de xaneiro de 2017

Soños de papel, o club de lectura de 3ºB

Os nenos e nenas da clase de 3ºB teñen montado un club de lectura na aula, e viñeron á radio a falarnos del.

Nesta ocasión presentáronno Enzo, Selmo e Iván, que aproveitaron tamén para facer algunha recomendación lectora. Xa veredes que conversa tan interesante, escoitade, escoitade que como eles mesmos din:

LER MOLA MOITO!