domingo, 14 de xaneiro de 2018

Xa están de volta os Xornalistas Escolares

Xa está aquí unha nova entrega de Xornalistas Escolares, onde as parellas de 4º e 6º de Primaria presentan as novas máis destacadas que ocurriron no centro antes das vacacións de Nadal. Eles e elas son: Roi, Raquel e Enzo de 4º. Carla Martíns, Carla Riveiro, Manuel e Candela de 6º.
O alumnado de 5º de Primaria nesta ocasión non quixo participar no programa de radio, agardamos que as próximas parellas de 5º teñen máis ánimo.

Ademais das novas emitidas pola Radio Escolar Mosteiro Meis, os xornalistas redactaron algunhas outras de moito interés no diario dixital https://xornalistasescolares.wordpress.com/
Pasade por alí a velas!
Tamén debedes saber que varias delas ampliaron o seu traballo levando a cabo a PRIMEIRA AUDIOCONFERENCIA que se ten feito na Radio Escolar Mosteiro Meis e que pronto poderemos ver e escoitar publicada. Noraboa Xornalistas!

luns, 18 de decembro de 2017

Calendario de adviento de 1ºA

Os nenos e nenas da clase de 1ºA traballaron co calendario de adviento, unha serie de retos na aula, e foron Tomás, Alexandra, Diego e Alba os encargad@s de vir a contarnos algúns deles.

Foi a súa primeira visita á Radio Escolar Mosteiro Meis e foi un programa moi moi divertido. Escoitade!






domingo, 3 de decembro de 2017

Entrevista a Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo da Consellería de Medio Ambiente

Con motivo da saída do alumnado da ESO para coñecer o sistema de pesca eléctrica, Pablo Caballero e Gonzalo Gamallo viñeron a respostar a unhas preguntas dos nosos xornalistas escolares, que no caso de Pedro e Cristina xa cubriran a noticia acompañando ao alumnado da ESO.



As primeiras parellas de xornalistas escolares rematan a súa quenda

Na Radio Escolar Mosteiro Meis non poderíamos estar máis orgullos@s do traballo feito por estas primeiras parellas de Xornalistas Escolares, que despois dun par de semanas e media, elaboraron diversas noticas e algunha entrevista sobre o acontecido neste tempo no centro escolar. Aquí podedes escoitar as novas das parellas de 5º, a excepción de Sara Bispo que por mor dunha otite non puido ir a gravar na radio. E tamén das parellas de 6º que fixeron un traballo magnífico.




sábado, 18 de novembro de 2017

Arranca o proxecto Xornalistas Escolares do CPI Mosteiro Meis 2017-2018

Despois das semanas iniciais de probas e aprendizaxe para tod@s, arranca por fin o proxecto Xornalistas Escolares 2017-2018. Un proxecto que parte da aula de Audición e Linguaxe coa idea de potenciar e estimular a comunicación oral e escrita a través dos medios TIC (podcast e bitácoras dixitais), nas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Se queredes saber máis deste apaixoante proxecto podedes entrar no diario dixital
https://xornalistasescolares.wordpress.com/

Polo de pronto arrinca con varias novas escritas e o primeiro e interesantísimo programa de radio levado a cabo polo alumnado de 4º de Primaria.

venres, 17 de novembro de 2017

Os dereitos d@s nen@s

Khadija, Selmo e Saray viñeron a lernos un bonito conto sobre cales son os dereitos que todos os nenos e nenas do mundo teñen e co cal traballaron na asignatura de valores, unha materia importante que permite formar aos futuros cidadáns do mañá.


martes, 31 de outubro de 2017

Cartas ao director - Programa 03

Último programa do alumnado de 4ºB adicado ás cartas ao director. Nesta ocasión visitan o estudio de radio: Ainhoa, David, Bruno e Ana.