xoves, 22 de febreiro de 2018

Entrevista á nosa asesora de formación

O outro día Nati, a nosa asesora de formación do CFR estivo de visita no centro para coñecer de primeira man o traballo que dende a clase de 4ºB se fai co seu club de lectura "Soños de Papel".


Aproveitando esta situación Khadija, Iván e Quique fixéronlle unha pequena entrevista que xa podedes escoitar aquí, para coñecer un pouco máis o traballo que dende este ano desempeña Nati axudando a todo o profesorado do CPI Mosteiro Meis.

Moitas gracias por vir Nati. Agardamos que estiveras a gusto na nosa emisora e que voltes moi pronto!

domingo, 18 de febreiro de 2018

Día Mundial da Radio

O 13 de febreiro foi o Día Mundial da Radio e este ano por primeira vez a Radio Escolar Mosteiro Meis ven de participar da man da Rede ESPORA, cun evento onde participaron distintas radios escolares das provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña.

O motivo do evento deste ano era a igualdade das mulleres no mundo dos deportes e en concreto nos medios de comunicación. Do noso centro participou Mariña de 4ºB, cun texto no que falaba na voz da alpinista Chus Lago. Podédelo escoitar no seguinte podcast.

Tamén podedes ver o evento completo na páxina da UNESCO premendo na imaxe a continuación ou aquí.

http://www.diamundialradio.org/event/rede-espora-mulleres-nas-suas-marcas-women-her-marks