martes, 14 de febreiro de 2017

Día Mundial da Radio - Voy a comedte

O 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio e dende Audición e Linguaxe quixemos aproveitar este evento para estrear a nosa nova e flamante Radio Escolar Mosteiro Meis e contar un conto. 
Irene de 2ºA e Rodrigo de 3ºA foron os encargados de facelo, e escolleron este "Voy a comedte", un simpático conto no que o lobo feroz non é o que parece.


xoves, 9 de febreiro de 2017

Cartas a Siria - Día da Paz

Hoxe viñeron dende 3º da ESO, Paula e Milena e de 6º de Primaria, Xosé Ramón e Maica para falarnos do Día da Paz que festexamos o 30 de xaneiro, e tamén para lernos as cartas que elaboraron para os nenos e nenas refuxiad@s de Siria. Faláronnos tamén das actividades que están levando a cabo para tratar de colaborar coa xente inocente que por desgracia viuse obrigada a fuxir do seu país.

Por outra banda o Departamento de Orientación premiou a dúas das mellores cartas e neste caso os premios recaeron en Xosé Ramón e en Paula, noraboa!


Club de lectura da BiblioMosteiro

Unha nutrida representación do Club de Lectura da nosa BiblioMosteiro viñeron a presentarse e a falar un pouco das actividades que fan desde o club.